12.12.08

A semana dos exames

Esta semana tivemos unha chea de exames. Tantos que agora estamos cansos. Facendo reconto realizamos nove exames e inda nos quedan outros dous. Pensamos que son necesarios, pero non en tan pouco tempo.
Xa sabemos algunhas notas aunque non todas. Por primeira vez, desde que o profe de música está neste instituto, aprobaron todos os alumnos de cuarto de diversificación. Pablo felicitounos polo noso esforzo e traballo ó longo do trimestre. Esperamos seguir así en todas as materias.

No hay comentarios: