O 26 de marzo unímonos ó gran experimento científico para conmemorar o día internacional da astronomía. O noso centro xunto con outros de España repetiu a medición do radio da Terra como fixo Eratóstenes na antigüidade.
No patio do noso centro con material altamente avanzado: unhas tesoiras, un flexómetro,un gnomon(calquera obxecto vertical que proxecta unha sombra no chan),un papel en branco,unhos rotuladores,cinta adhesiva,un compás,cordel, e moita paciencia.
Este medición consiste en achar o radio da Terra segundo a sombra que presenta gnomon nun papel.Cada dez minutos marcamos un punto donde está o punto da sombra sen contar o pequeno cacho de penumbra.
Os datos xa foron enviados ao organizador deste proxecto.Foi unha experiencia moi positiva e agora temos mais coñecementos da astronomía.
Stefan Álvarez Pinto
Jose Luis Basalo
Jose.M.F.Alonso
Jose.M.B.Araujo
27.3.09
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario