23.1.09
O código Morse
O código morse foi desenvolvido por Alfred Vail mentres colaboraba en 1835 con Samuel Morse na investigación do telégrafo eléctrico. Vail creou un metodo segundo o cal cada letra ou numero era transmitido de forma individual cun código consistente en raias e puntos, é dicir, sinais telegráficos que se diferenzan no tempo de duracion do sinal activo. A duracion do punto é a minima posible. A raia ten unha duración de aproximadamente tres veces o punto.
Entre cada par de símbolos dunha mesma palabra existe unha ausencia de sinal con duración aproximada do punto. A separacion de palabras é o tempo transcurrido con tres raias.
Etiquetas:
Historia,
Século XVIII
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario